Martes, 22 Octubre 2019
A+ R A-

O capitalismo non respecta nin a fala

Publicado en Actualidad Nacional 19 de Mayo de 2019
Galiza
 
Non é segredo para ningún galego, vasco ou catalán que a cuestión nacional en España lonxe está de ser resolta, como ben se pode comprobar no conflito máis soado nos últimos anos, relativo á independencia de Cataluña, onde a brutalidade do Estado fascista Español fíxose (e segue facéndose) explícita, o que provocou unha marea de solidariedade de miles persoas nos distintos territorios do Estado. Sen embargo, isto último é só a parte visible da represión contra estas nacións, mais existe unha gran variedade de agresións contra toda cultura que non é “estritamente española” que son artelladas nese afán de deixar todo “atado e ben atado”. Nesta ocasión, falaremos da vontade que existe por parte da burguesía española en eliminar calquera ápice da lingua galega. 

O galego atópase, cada vez máis, nunha situación dramática. O Instituto Galego de Estadística sinala que entre 2003 e 2013 o porcentaxe de persoas que tiñan o galego como lingua habitual ou que falaban máis galego que castelán pasou do 61.2% ao 50.9%, o que supón un descenso de galego-falantes do 10%. Outras fontes como a Real Academia Galega, indican que nas dúas últimas décadas, o número de persoas que tiñan o galego como idioma principal diminuíu un 20%. Todo o anterior non é máis que un magnifico éxito do capitalismo para liquidar a cuestión nacional atacando un dos seus piares imprescindibles: a lingua. 

En Galiza, dito plan está capitaneado, principalmente, polo Partido Popular, o cal leva ostentando o monopolio das institucións galegas practicamente a totalidade do período “democrático” español desde 1978. As súas farsas para defendelo bilingüismo son o Cabalo de Troia perfecto para debilitar o galego, que de ningún xeito se atopa, nin se pode atopar, en igualdade de condicións co castelán. 

Ante isto, a socialdemocracia nacionalista galega, que en Galiza toma forma a través do Bloque Nacionalista Galego recolle o seguinte nos seus Documentos da Asemblea Nacional XVI: 

“O BNG asume como valor esencial a defensa dos dereitos humanos e, nesa medida, loita activamente contra todo tipo de discriminación pola razón que for: de orixe ou étnica, de lingua, de relixión, de orientación sexual ou identidade de xénero, de diversidade funcional ou doenza ou calquera outra.” 

Máis adiante, no mesmo documento, sinala: 

“Por coherencia e por credibilidade política, é fundamental impulsar dedicidamente as políticas normalizadoras que defendemos naquelas institucións onde o BNG ten competencia de goberno, así como exixir que o fagan os socios de goberno, onde os houber.” 

A nosa pregunta, ante tales propostas, é se dado un escenario propicio para esta organización, sería posible reverter a situación da lingua galega. A resposta é non. 

As nacións do mundo xurdiron e delimitáronse no capitalismo ascensional, polo que, naturalmente, a orixe das mesmas é económico. Debido a isto, os choques entre as nacións galega, vasca e catalana co Estado Español non son máis que froito da confrontación da burguesía nacional coa burguesía monopolista. Pretender reivindicala lingua xogando no taboleiro do capitalismo e nas institucións bendicidas polo fascismo español significa que o BNG atopou no sentimento nacional a súa forma de oportunismo capitalista, pois a súa defensa de República Galega de carácter burgués así nolo demostra. 

A solución da cuestión nacional no Estado pasa fundamentalmente pola revolución socialista, isto é, pola destrución do sistema económico criminal capitalista, que nin a fala respecta, e a construción da ditadura do proletariado. Con isto, a defensa da lingua será por fin unha tarefa real para a clase traballadora galega, pois as súas institucións serán construídas e constituídas única e exclusivamente por quen xera toda a riqueza do mundo: o obreiro. 

Esta tarefa tócalle resolvela ao proletariado, axudado polas súas clases sociais amigas, a través da organización ideolóxica, política e sindical baixo a estela do marxismo-leninismo, conformándose á Fronte Única do Pobo que servirá para mandar cara o vertedoiro da historia tanto aos fascistas coma a súa pata esquerda: a socialdemocracia.

 

Camarada, libérate das túas cadeas! 
Loita polo socialismo! 
Organízate co PCOE! 


Secretaría de Axitación e Propaganda do Partido Comunista Obrero Español (PCOE) en Galiza 


El capitalismo no respeta ni el habla

 

No es secreto para ningún gallego, vasco o catalán que la cuestión nacional en España lejos está de ser resuelta, como bien se puede comprobar en el conflicto más sonado en los últimos años, relativo a la independencia de Cataluña, donde la brutalidad del Estado fascista español se hizo (y sigue haciéndose) explícita, lo que provocó una marea de solidaridad de miles de personas en los distintos territorios del Estado. Sin embargo, esto último es sólo la parte visible de la represión contra estas naciones, pero existe una gran variedad de agresiones contra toda cultura que no es “estrictamente española” que son maquinadas en ese afán de dejar todo “atado y bien atado”. En esta ocasión, hablaremos de la voluntad que existe por parte de la burguesía española en eliminar cualquier ápice de la lengua gallega. 

El gallego se encuentra, cada vez más, en una situación dramática. El Instituto Galego de Estadística señala que entre 2003 y 2013 el porcentaje de personas que tenían el gallego como lengua habitual o que hablaban más gallego que castellano pasó del 61.2% al 50.9%, lo que supone un descenso de gallego-hablantes del 10%. Otras fuentes como la Real Academia Galega, indican que, en las dos últimas décadas, el número de personas que tenían al gallego como idioma principal disminuyó un 20%. Todo lo anterior no es más que un magnífico éxito del capitalismo para liquidar la cuestión nacional atacando uno de sus pilares imprescindibles: la lengua. 

En Galicia, dicho plan está capitaneado, principalmente, por el Partido Popular, el cual lleva ostentando el monopolio de las instituciones gallegas prácticamente la totalidad del período “democrático” español desde 1978. Sus farsas para defender el bilingüismo son el Caballo de Troya perfecto para debilitar el gallego, que de ninguna forma se encuentra, ni se puede encontrar, en igualdad de condiciones con el castellano. 

Ante esto, la socialdemocracia nacionalista gallega, que en Galicia toma forma a través del Bloque Nacionalista Galego, recoge lo siguiente en sus Documentos da Asemblea Nacional XVI: 

“El BNG asume como valor esencial la defensa de los derechos humanos y, en esa medida, lucha activamente contra todo tipo de discriminación por la razón que sea: de origen o étnica, de lengua, de religión, de orientación sexual o identidad de género, de diversidad funcional o enfermedad o cualquier otra.” 

Más adelante, en el mismo documento, señala: 

“Por coherencia y por credibilidad política, es fundamental impulsar decididamente las políticas normalizadoras que defendemos en aquellas instituciones donde el BNG tiene competencia de gobierno, así como exigir que lo hagan los socios de gobierno, donde los hubiera.” 

Nuestra pregunta, ante tales propuestas, es si dado un escenario propicio para esta organización, sería posible revertir la situación de la lengua gallega. La respuesta es no. 

Las naciones del mundo surgieron y se delimitaron en el capitalismo ascensional, por lo que naturalmente, el origen de las mismas es económico. Debido a esto, los choques entre las naciones gallega, vasca y catalana con el Estado Español no son más que fruto de la confrontación de la burguesía nacional con la burguesía monopolista. Pretender reivindicar la lengua jugando en el tablero del capitalismo y en las instituciones bendecidas por el fascismo español significa que el BNG encontró en el sentimiento nacional su forma de oportunismo capitalista, pues su defensa de República Gallega de carácter burgués así nos lo demuestra. 

La solución de la cuestión nacional en el Estado pasa fundamentalmente por la revolución socialista, esto es, por la destrucción del sistema económico criminal capitalista, que ni el habla respeta, y la construcción de la dictadura del proletariado. Con esto, la defensa de la lengua será por fin una tarea real para la clase trabajadora gallega, pues sus instituciones serán construidas y constituidas única y exclusivamente por quien genera toda la riqueza del mundo: el obrero. 

Esta tarea le toca resolverla al proletariado, ayudado por sus clases amigas, a través de la organización ideológica, política y sindical bajo la estela del marxismo-leninismo, conformándose el Frente Único del Pueblo que servirá para mandar al basurero de la historia tanto a los fascistas como a su pata izquierda: la socialdemocracia.



¡Camarada, libérate de tus cadenas! 
¡Lucha por el socialismo! 
¡Organízate con el PCOE! 


Secretaría de Agitación y Propaganda del Partido Comunista Obrero Español (PCOE) de Galicia